
Esta fin de semana o Concello de Narón está cheo de actividades e festas relacionadas co Entroido. Unha boa oportunidade para coñecer a nosa gastronomía e o noso estupendo Festival de Comparsas.

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, asistiron onte á tarde, ás 19.30 horas, á inauguración da exposición “Airiños Aires, Rosalía”, xunto co autor das imaxes desta mostra, o fotoxornalista Xurxo Lobato.

As concelleiras de Turismo e Festas, Natalia Hermida e Mar Gómez, respectivamente, presentaron o 1 de febreiro xunto co vicepresidente da Asociación Galega da Camelia, Eusebio López, e o tesoureiro e o secretario desa entidade, Manuel Cruz e Manuel Pico, respectivamente, a décimo cuarta edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón.

O concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, presentou esta mañá a sexta edición do Concurso de Tapas de Entroido que se desenvolverá na cidade entre os días 8 e 14 de febreiro