
A parroquia naronesa de Doso acollerá un ano máis a celebración da Recreación da Esfolla Tradicional, un evento organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso.

A Concellería de Turismo convoca a oitava edición do Concurso de Fotografía Cidade de Narón. A alcaldesa a cidade, Marián Ferreiro, e a edil responsable da área de Turismo, Natalia Hermida, anunciaron esta mañá que o certame se desenvolverá entre os días 2 e 17 de novembro e repartirá un total de 1.200 euros en premios.

“Galicia Norte. Mares de experiencias” é o título desta iniciativa, que deu comezo o pasado 28 de setembro e que continuará os días 11, 19 e 26 de outubro na localidade de Miño.

O vindeiro mes de outubro, na semana do 9 ao 15, varios establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar anguía entre a oferta do seu menú diario.