
O Concello de Narón e o Padroado da Cultura organizaron a décimo novena edición do Oenach Atlántico de Sedes, en colaboración coa Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos”, a Xunta de Galicia e Abanca.

A vixésimo sétima edición do Festival Internacional de Folclore celebrarase o vindeiro día 15 no Pazo da Cultura.

As persoas interesadas en asistir ao xantar programado con motivo da “XIX Festa Gastronómica do Pemento do Couto” poden aínda adquirir os tíckets no local social da Picota, no Couto - de luns a domingo desde as 18.00 ata as 23.00 e os sábados e domingos tamén polas mañás, de 11.30 a 14.00 horas-, ou na Cooperativa do Val –na sección de crédito no horario habitual de apertura-.

A concelleira de Festas, Mar Gómez, e Antonio e Brais Otero, da empresa Legend Especialistas, presentaron esta mañá o programa do Mercado Medieval que se celebrará do 7 ao 9 de xullo no parque fluvial de Freixeiro.