
Todo está preparado para recibir mañá xoves aos Reis Magos de Oriente na cidade.

As prazas da Gándara e de Galicia continuarán acollendo parte da programación de Nadal deseñada dende o Concello.

A programación de Nadal continúa esta semana na cidade cos Poboados de Nadal, que cada tarde abren as súas portas de 17.00 a 20.00 horas na Praza da Gándara e as actividades que se convocaron nese mesmo horario e ubicación.

Un total de 538 persoas participarán este sábado, día 31, no evento “A Trintaeundoce”, a San Silvestre de Narón.