O Concello, a través do Padroado de Deportes, organiza esta proba de longa distancia co Club Gallaecia Raid, que forma parte da Liga Galega de Raids de Orientación 2023, e na que se combinan como medio de progresión a carreira a pé, a bicicleta de montaña, os patíns e o kaiak.
A concelleira en funcións de Turismo de Narón, Natalia Hermida, informou que o Concello de Narón estará presente nunha nova edición da campaña Primavera no Camiño Inglés impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés en colaboración coa Deputación da Coruña.
A cidade acollerá a vindeira fin de semana, do 2 ao 4 de xuño, a “XVI Concentración Moteira Cidade de Narón” organizada polo Motoclub Fojeteiros, en colaboración co Concello.
O concelleiro de Sevizos, Ibán Santalla, informou da instalación dun columpio adaptado para nenas e nenos en cadeira de rodas no parque infantil de Freixeiro.