O Concello instala un columpio adaptado para nenas e nenos en cadeira de rodas no parque infantil de Freixeiro
O concelleiro de Sevizos, Ibán Santalla, informou da instalación dun columpio adaptado para nenas e nenos en cadeira de rodas no parque infantil de Freixeiro.
“Nos vindeiros días, en canto se coloque o solo de caucho, este novo elemento de xogo estará plenamente operativo, facendo do de Freixeiro un parque máis integrador e seguindo a liña do traballo xa realizado noutros parques infantís da cidade”, apuntou Santalla.
“É un columpio cun acceso por rampa para a cadeira de rodas e que dispón de dúas cordas para axudar a balancearse unha vez dentro, moi seguro e coas homologacións pertinentes, como non podía ser doutro xeito”, indicou o edil de Servizos.
A cidade conta xa con columpios adaptados nos parques da Gándara e Xuvia e a previsión é, tal e como asegurou Santalla “que no caso de que se detecte máis demanda tanto de columpios adaptados como doutros como o que se poderá utilizar no parque de Freixeiro, os vaiamos instalando”. O novo columpio está perfectamente integrado no parque infantil de Freixeiro, que é xunto cos da Gándara e Xuvia dos máis concurridos na cidade.