Rutas por Narón
Realizando calquera das rutas presentadas atoparemos máis de 200 puntos de interese, que van dende a igrexa románica de San Martiño de Xuvia no Couto ata o cemiterio prehistórico do Monte dos Niños, en Sedes, con 17 mámoas catalogadas, pasando por castros, muíños, casas medievais, pazos, casas labregas, pontes, presas, ribeiras fluviais, árbores de máis de 300 anos de idade ou praias cara ao Atlántico coma Hortiña e Casal.
Convidámosvos pois a gozar e conservar o tesouro cultural e natural da nosa terra... a vella, pero sempre anovadora terra galiciana.