Lecer

Narón combina diferentes paisaxes de forma harmónica: a súa industria combínase cos seus espazos naturais, os lugares do rural conviven co Narón máis urbán, e o coidado polas tradicións mestúrase coa aposta pola modernidade e a innovación tecnolóxica.

O seu crecemento poboacional, vai parello ao desenvolvemento urbanístico, sen esquecer as múltiples zonas verdes e as áreas de lecer como son os parques infantís e biosaudables.

O respecto pola tradición vese reflectida na recuperación etnográfica dos muíños de río e no proxecto da creación de museos.

Este municipio ten tamén grandes recursos históricos e patrimoniais, por exemplo o Mosteiro de O Couto, o convento de Baltar, a igrexa de Santa Rita de Xuvia, o Pazo de Libunca, a Casa da Cultura...Ademais de restos arqueolóxicos de varios castros.

Sen esquecer algúns dos máis fermosos recunchos naturais da bisbarra como son o río Xuvia e as praias e cantís da costa atlántica.

O municipio é un referente en canto á oferta de terrazas e locais de hostalaría. A Estrada de Castela e A Gándara son das zonas máis populares na bisbarra para pasar un intre moi agradable entre amigos e amigas.Non hai que esquecer os innumerables locais que se espallan polo rural e que ofrecen recunchos e segredos por descubrir polo visitante.  

Oferta recursos para gozar do tempo de lecer en todos e cada un dos diferentes barrios e zonas do concello.