Narón hoxe
Narón ten conexións coa autoestrada AP-9 e a autovía AG-64 Ferrol-Vilalba. A posibilidade de opcións como o tren da costa e a proximidade dos aeroportos da Coruña e Santiago fan deste concello un destino ben comunicado.
Narón é un polo de atracción da poboación que ve neste concello un espazo de progreso con posibilidades para desenvolverse a todos os niveis. Nin sequera a acusada crise de natalidade que sofre o país modificou a tendencia crecente do censo desde comezos do século XX, cando contaba con pouco máis de 8.000 habitantes.
Un dato relevante que amosa o desenvolvemento poboacional é que tan só un de cada tres censados naceu neste concello. Ao abeiro das posibilidades de traballo, así como a oferta de servizos, o concello foi porto de chegada de preto de 17.000 persoas, principalmente dos municipios lindeiros.