Como chegar
O Concello de Narón está situado na provincia de A Coruña.
Accesos
Como chegar por estrada a Narón
A estrada é o principal acceso ao Concello de Narón.
- Autoestrada AP9: Na actualidade a autoestrada AP-9 (Ferrol - Narón - Madrid) conecta con Freixeiro, A Gándara, O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo grazas a vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos.
- Autovía A64: A autovía A-64, a que une Ferrol con As Pontes e Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal, en Sedes, Castro e no Polígono Industrial Río do Pozo.
A estas dúas vías principais hai que engadir unha extensa rede de estradas:
- Estrada de Castela: Esta estrada conta con 6,5 quilómetros de lonxitude cos que atravesa o núcleo urbano ata chegar a Ferrol.
- Estradas autonómicas: As estradas que unen Ferrol con Cedeira e Ferrol con Ribadeo.
Canto se tarda dende...
- Dende A Coruña hai uns 50 quilómetros aproximadamente e tárdase arredor de 30 minutos en chegar pola autoestrada.
- Dende Santiago de Compostela hai uns 90 quilómetros e tárdase arredor de 1 hora e 15 minutos en chegar pola autoestrada.
Como chegar en tren a Narón
- Ferrocarril FEVE: O tren Ferrol - Xixón, de FEVE, é unha moi boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades. En Narón existen 8 apeadoiros que achegan as áreas rurais á zona urbana.
- Ferrocarril RENFE: É posible chegar ata Ferrol, concello limítrofe con Narón, e dende alí achegarse por estrada ou no FEVE.
Como chegar por mar a Narón
No Porto de Ferrol e no da Coruña poden atracar cruceiros turísticos e embarcacións de lecer.
Como chegar por aire
A proximidade dos aeroportos de A Coruña (50 km) e de Santiago de Compostela (80 km), comunicados a Narón por autoestrada, permiten achegarse de forma rápida a aquelas persoas que viaxen por medios aéreos.
- Web do Aeroporto de A Coruña: www.aena.es/es/aeropuerto-a-coruna
- Web do Aeroporto de Santiago de Compostela: www.aena.es/es/aeropuerto-santiago