Gastronómica
27/07/2022

O concelleiro de  Promoción Económica, David Pita, e o secretario da Asociación Veciñal de San Mateo, José Manuel López, presentaron a Festa da exaltación da ameixa que se celebrará o 31 de xullo na citada parroquia.

Popular
15/07/2022

O Mercado Medieval abrirá esta tarde, ás 19.00 horas no parque de Freixeiro. Un centenar de postos permanecerán instalados na zona, onde ao longo da fin de semana se sucederán varios espectáculos en horario de mañá e tarde.

Gastronómica
14/07/2022

O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaron esta mañá a Experiencia gourmet Pemento do Couto que se celebrará este venres, día 15, no Centro Cívico Social do Couto.

Popular
13/07/2022

A cidade acollerá este sábado, día 16, a trixésimo primeira edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura.