Popular
18/07/2018

O festival da cultura celto-galaica Oenach Atlántico de Narón, que se celebrará o 27, 28 e 29 de xullo en Sedes, lanza no seu vixésimo aniversario un concurso no que anima a todos os veciños e visitantes a acudir caracterizados con vestimentas da época celto-galaica, como veñen xa facendo algunhas persoas nesta celebración desde hai vinte anos. 
 

18/07/2018

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Iván Santalla, desprazáronse este luns 16 de xullo ata Piñeiros con motivo do inicio das obras do novo parque infantil que se localizará na parroquia. 

Gastronómica
13/07/2018

A parroquia naronesa do Couto celebrará mañá e o domingo a vixésima edición da Festa gastronómica do Pemento do Couto. 
 

13/07/2018

Dous dos integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, Pedro Caneiro e Sonia López, impartiron na xornada de onte unha charla nas instalacións da Asociación de Persoas Xordas de Ferrol (AXF) sobre Educación viaria para todos.