Día de Narón
O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase esta data que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837.
O Día de Narón é festivo local, e unha das moitas datas que esparexen o calendario do concello de festas, tradicións e outras actividades, nas que predomina o ambiente de lecer.