Pazo da Cultura
Logo da consolidación de Narón coma referente na xestión cultural pública en Galicia, o Concello de Narón, xunto co seu Padroado da Cultura, inaugurou no 2008 o novo Pazo da Cultura.
O segundo maior auditorio de Galicia serve de espazo de acollida de grandes eventos culturais á vez que é sede da Escola Profesional de Teatro e das escolas de baile, música e danza do Padroado de Cultura.
Acolle a meirande parte da programación que ata hoxe se celebraba no Auditorio, que xa quedou pequeno co devir dos anos.
Conta cun Café-teatro con capacidade para 80 persoas para desenvolvemento de eventos e espectáculos máis íntimos.
Escolas Culturais Tradicionais
O Padroado da Cultura do Concello de Narón defende, salvagarda e difunde dende a súa fundación a nosa cultura tradicional galega. En total acolle 8 escolas culturais tradicionais, da cultura etnomusical galega. O Padroado da Cultura foi e é unha entidade pioneira a nivel galego pola súa promoción de aulas de zanfona ou construción de instrumentos tradicionais, as actividades tradicionais para crianzas de 3 e 4 anos, e por desenvolve actividades didácticas relacionadas coa cultura tradicional galega nas Escolas Infantís Municipais para escolares de 0 a 3 anos.
As Escolas Culturais Tradicionais que acolle son:
- Danza tradicional.
- Canto e pandeireta.
- Gaita.
- Percusión tradicional.
- Acrodeón.
- Zanfona.
- Recuncho dos pequechos.
- Construción de instrumentos.
Información sobre as Escolas Culturais Tradicionais
- Visita o espazo web das Escolas Culturais Tradicionais: www.padroadodecultura.es/gl/escolas-culturais/cultura
Máis información
O Padroado da Cultura conta cun espazo web propio dende o que se pode consultar a programación das instalación culturais municipais e mercar as entradas na súa billeteira online. Tamén ofrece información sobre as diferentes escolas do Padroado.
- Para visitar o portal web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es
Contacto
- Dirección: R/ Holanda - Urb. Ciudad Europa.
- Teléfono: 981 391 144
- Despacho telefónico: 981 102 897. De 11:00 a 13.30 horas e de18:00 a 20:00 horas.