Noite no Mosteiro do Couto
mércores, 1 de Febreiro de 2017
Vídeo sobre a celebración anual da "Noite no Mosteiro do Couto".
O Ministerio de Cultura declarou este mosteiro, situado en plena ruta Xacobea do Camiño Inglés, como monumento artístico nacional no ano 1972. A intensa programación deseñada desde as áreas de Turismo e Cultura do Concello de Narón inclúe a convocatoria, durante o ano, de visitas guiadas ao cenobio e tamén de concertos de cámara no interior da igrexa.