Magnus Portus Artabrorum, nome co que os románs nomearon un lugar do ángulo noroeste da costa de Galicia, entre as rías de Ares e a de Ortigueira do que descoñecemos a súa ubicación exacta.
Espazos Naturais Protexidos en Ferrolterra
A Rede Natura 2000 é unha rede de espazos protexidos da Unión Europea, creada co fin de protexer os espazos naturais máis importantes e conservar os seus hábitats naturais e a fauna e flora silvestres. Comprende as Zonas de Especial Conservación (ZEC) e as Zonas de Especial Proteción para as Aves (ZEPAS).