Río Xuvia
O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do Castro, cunha extensión de 2.074 hectáreas, está incluído na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu interese natural e ecolóxico.
O río Xuvia ofrécenos moitas posibilidade ambientais e etnográficas. A evidente relación dos leitos fluviais co progreso da humanidade non deixa lugar a dúbidas sobre o seu valor transcendente no desenvolvemento das civilizacións e no avance da especie humana. Se o val do *Rift foi o berce da humanidade, outras moitas civilizacións desenvolvéronse ao amparo da fertilidade de vales fluviais (Mesopotamia, Exipto, China...).
Así pois podemos preguntarnos: Que protagonismo correspóndelle ao río Xuvia? Para os seus escasos 31 quilómetros de lonxitude e un caudal elevado, resulta sorprendente por dúas características:
- Por unha banda a extraordinaria riqueza piscícola que goza con poboacións de troitas, anguías e reos tan abundantes en décadas pasadas.
- Así mesmo chama a atención a cantidade de construcións utilitarias que aproveitaban a súa canle: lavadoiros comunitarios e outros moitos familiares, muíños, fontes públicas, fábricas...xunto coa utilización tradicional para os regadíos, son testemuñas dun río con vida e cun gran aproveitamento humano nunha zona densamente poboada.
O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do Castro, cunha extensión de 2.074 hectáreas, está incluído na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu interese natural e ecolóxico. Un dos lugares naturais máis pintorescos de Narón o constitúe o río Xuvia, que nos seus últimos treitos se encaixa bordeando o Monte dos Ancos e se ensancha ao chegar á Presa do Rei, que é a que abasteceu de auga á Real Fábrica de Moeda de Xuvia e ao muíño.
A Presa do Rei
A Presa do Rei, con grandes árbores deitadas sobre a auga e corzos abeberando nas ribeiras ofrece fermosas fervenzas, creadas no discorrer do río Grande cara á ría de Xuvia. A Presa do Rei foi construída en tempos de Afonso XIII.
Este espazo natural é un dous lugares máis emblemáticos para os camiñantes que visitan Narón.
As fragas das ribeiras do Xuvia forman un ecosistema único.