Como chegar

O Concello de Narón está situado na provincia de A Coruña.

Accesos

Como chegar por estrada a Narón

A estrada é o principal acceso ao Concello de Narón.

  • Autoestrada AP9: Na actualidade a autoestrada AP-9 (Ferrol - Narón - Madrid) conecta con Freixeiro, A Gándara, O Ponto (Xuvia), e co Polígono Industrial Río do Pozo grazas a vías de alta capacidade. Estes ramais da autoestrada conectan tamén aos núcleos urbanos.
  • Autovía A64: A autovía A-64, a que une Ferrol con As Pontes e Vilalba, posúe tres accesos no termo municipal, en Sedes, Castro e no Polígono Industrial Río do Pozo. 

A estas dúas vías principais hai que engadir unha extensa rede de estradas:

  • Estrada de Castela: Esta estrada conta con 6,5 quilómetros de lonxitude cos que atravesa o núcleo urbano ata chegar a Ferrol.
  • Estradas autonómicas: As estradas que unen Ferrol con Cedeira e Ferrol con Ribadeo.

Canto se tarda dende...

  • Dende A Coruña hai uns 50 quilómetros aproximadamente e tárdase arredor de 30 minutos en chegar pola autoestrada.
  • Dende Santiago de Compostela hai uns 90 quilómetros e tárdase arredor de 1 hora e 15 minutos en chegar pola autoestrada.

Como chegar en tren a Narón

  • Ferrocarril FEVE: O tren Ferrol - Xixón, de FEVE, é unha moi boa alternativa ao transporte por estrada, sobre todo no referente ás viaxes de proximidades. En Narón existen 8 apeadoiros que achegan as áreas rurais á zona urbana.
  • Ferrocarril RENFE: É posible chegar ata Ferrol, concello limítrofe con Narón, e dende alí achegarse por estrada ou no FEVE.

Como chegar por mar a Narón

No Porto de Ferrol e no da Coruña poden atracar cruceiros turísticos e embarcacións de lecer.

Como chegar por aire

A proximidade dos aeroportos de A Coruña (50 km) e de Santiago de Compostela (80 km), comunicados a Narón por autoestrada, permiten achegarse de forma rápida a aquelas persoas que viaxen por medios aéreos.