A terceira edición do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest arranca mañá na área recreativa de Pedroso.
A alcaldesa, Marián Ferreiro, desprazouse esta mañá xunto cos edís de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e Turismo, Natalia Hermida, á área recreativa de Pedroso, para anunciar, xunto con Ángel Sánchez e Martín Vázquez, presidente e secretario respectivamente da Asociación FurgoGalicia, que este venres comezará na citada ubicación unha nova edición do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest.
As charlas viaxeiras serán de novo un dos grandes atractivos do Festival da Cultura Viaxeira Gulliver Fest, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación FurgoGalicia.
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presentou esta mañá xunto cos edís de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo e Turismo, Natalia Hermida, e representantes da AVV Rosa dos Ventos e da Grande Compañía de Teatro Comunitario de Sedes o “22º Oenach Atlántico” de Sedes, que se celebrará este sábado na citada parroquia.