Tomate negro de Santiago
Dende o ano 2012 é cultivado e comercializado pola Cooperativa do Val, facendo un verdadeiro esforzo para devolver esta variedade ao mercado.
Trátase dunha variedade estacional, cuxo froito podemos degustar exclusivamente en verán. A súa característica coloración e a súa forma irregular e caprichosa, fan deles uns tomates que encerran no seu interior o seu segredo: un sabor espectacular a tomate “coma os de antes”.
A acollida desta variedade é tal que a súa produtora, a Cooperativa do Val, multiplicou por tres a superficie de cultivo para esta variedade e a súa produción medrou de forma espectacular.