Aldeas e usos agrogandeiros no Río Xuvia
Subindo pola beira do Río xuvia, achegándonos aos lugares de Retorta, Cerdeiras e Doso, atopámonos con campos de cultivo preto do río, conformados por campos de pasto para o gando, hortas, árbores froiteiras...
Os labores agrarios e gandeiros sobreviven realizados pola poboación máis vella, que segue a manter vínculos coa terra para o consumo propio.
Nos últimos 20 anos os usos agrarios sufriron grandes transformacións que conducen ao abandono de terras ou á súa transformación en cultivos forestais con piñeiro ou eucalipto.