Área Recreativa de O Couto
Nas inmediacións do local social da Picota, na parroquia do Couto, localízase a área recreativa do Couto. Un amplo espazo verde e dous parques, un biosaudable e outro con elementos de xogo infantís, forman parte deste complexo.

A escasos metros desta área recreativa localízase o mosteiro de San Martiño de Xuvia, un dos principais reclamos turísticos da cidade.
A localización desta área recreativa permítelles á veciñanza e aos visitantes gozar dunhas inmellorables vistas á ría de Ferrol, ao tempo que divisar varias zonas dos concellos de Neda, Fene e Ferrol.
Accesos
- Desde a AP-9, polo ramal con saída da Gándara, accédese á urbanización do Couto, desde onde se pode chegar á citada área recreativa.
- Desde a estrada de Castela, dirixíndose á avenida Souto Vizoso para, a continuación, coller o desvío cara á zona do Couto.