Camiño Inglés a Santiago de Compostela

A cidade de Narón, con grande espírito de acollida de peregrinos e dotada de servizos para iso, é un dos puntos de partida para moitos dos camiñantes que percorren este Camiño Inglés.

NARÓN 100, fito de pedra que marca os 100 km que faltan ata a capital de Galicia, é o punto de partida para moitos peregrinos que, a partir de aquí, comezan a gozar de cada paso da ruta.

Conta con todas as comodidades e servizos necesarios para o peregrino: case 600 prazas hoteleiras na contorna urbana e en zonas rurais, incluíndo aquelas adaptadas para persoas con diversidade funcional, establecementos onde prima a calidade e o trato personalizado, e unha gastronomía asociada aos produtos locais de excelencia culinaria, como os pementos do Couto, os mariscos da ría, as grelladas de peixe e mariscos e o polbo á galega.

Testemuña histórica do paso de camiñantes cara a Compostela ao longo da historia. Primeiro atopa o peregrino o mosteiro de San Martiño de Xuvia, tamén coñecido como mosteiro do Couto. Edificio emblemático declarado BIC baixo a categoría de Monumento Histórico Artístico, supón o punto de partida do Camiño a Santo André de Teixido, outra ruta de peregrinación coa que a xacobea comparte parte do percorrido inicial. Este cenobio, do que se descoñece o seu ano de fundación, está vencellado a importantes episodios da historia de Galicia, e chegou a ser un dos mosteiros máis importantes de España no século XII.

O seguinte punto a salientar é o muíño das Aceas, que foi declarado Real Fábrica de fariñas por Carlos IV en 1798, e que formaba parte da importante rede de moenda industrial francesa no século XVIII. Utilizaba a enerxía combinada dos ríos e as mareas, a partir da auga que acumulaba a súa monumental presa, a maior de Galicia e de toda a Península Ibérica, e que lle permitía moer inxentes cantidades de trigo. Foi o último dos grandes muíños industriais da Ilustración en deixar de moer. Antes de abandonar Narón, dúas últimas sorpresas para o camiñante, un estímulo para afrontar s quilómetros que quedan. O muíño de Xuvia, de 1775, que a comezos do século XIX se transformou na principal acea do país en capacidade de produción e permitíalle fornecer de fariña a toda a comarca, ademais de exportar importantes excedentes.

E para despedir este tramo do Camiño Inglés que transcorre polo concello de Narón, atópase o magnolio centenario do Xuvia. Este incrible exemplar de Magnolia grandiflora forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Os máis de 6 metros de perímetro do seu tronco convértena na maior da súa especie en Galicia, e nunha das máis antigas do continente. É precisamente este magnolio, o veciño máis lonxeva do territorio, o que despide cun “Ata a próxima” o camiñante que  seguirá a súa andaina ata Santiago, logo de gozar do seu paso por Narón. Todo un privilexio para esta cidade anfitrioa de peregrinos.

Lugares de interese

Teléfonos de interese

Oficina do Peregrino (Santiago de Compostela)

Concello de Ferrol

Oficina de Turismo de Ferrol e Atención do Peregrino

  • Teléfono: 655 117 035.

Concatedral de San Xiao

VENTA DE CREDENCIAIS

  • Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
  • Teléfono: 981 35 47 25.
  • Dirección: R/Iglesia, s/n.
  • Correo electrónico: economode@mondonedoferrol.org

Obispado de Ferrol

VENTA DE CREDENCIAIS

  • Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
  • Teléfono: 981 35 47 25.
  • Dirección: R/Miramar, s/n.
  • Correo electrónico: mcs@mondonedoferrol.org

Concello de Narón

Concellería  de Turismo

  • Teléfono: 981 33 77 000 Ext. 1316.

Oficina de Turismo

Só está activa na época estival.

  • Teléfono: 981 33 77 00 Extensión 2301.

Mosteiro San Martiño de Xuvia (Mosteiro do Couto)

  • Horario para o selo de credenciais: Sábados e domingos de 10:00 horas a 13:00 horas.

Concello de Neda

Albergue de peregrinos de Neda

  • Teléfono: 629 22 46 22.

Máis información

  • Consulta máis información sobre o Camiño Inglés na páxina web oficial do Camiño a Compostela: Camiño Inglés.

Vídeo sobre o Camiño Xacobeo Inglés

Versión en galego

 

Versión en inglés

 

Vídeo sobre o Camiño de Santiago polos Santuarios Máxicos dos Celtas

Versión en galego

English version

Video sobre o Programa "Escolas no Camiño"

A chamada do Camiño

 

 

Spot promocional

 

Guía do Camiño Inglés