Costa Ártabra
O territorio do "Monte da Lagoa" na parroquia do Val e que conta co espectacular monumento megalítico Pena Molexa atópase no Espazo natural da Costa Ártabra, cen kilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis espectaculares do arco atlántico: tres rías, arenais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e os cantís máis altos de Europa.
Ademais das impresionantes vistas e a súa natureza virxe, a costa ártabra destaca por ser un lugar declarado de alto interese xeolóxico debido á variedade e antigüedade das súas rochas.
Toda a zona está declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), polos seus ecosistemas e peculiaridades. Ademais está considerada como Espazo de Interese Paisaxístico e a estes valores engádese a singularidade de múltiples elementos, desde os numerosos faros, a Pena Molexa, o santuario de Santo Andrés de Teixido ou a serra de A Capelada, cos cantís máis altos de Europa.