Festival Internacional de Folclore
O Festival Internacional de Folclore impulsado desde o Padroado da Cultura do Concello de Narón vai camiño de alcanzar a súa trixésima edición, que coincidirá co ano 2020.
O Festival Internacional de Folclore impulsado desde o Padroado da Cultura do Concello de Narón vai camiño de alcanzar a súa trixésima edición, que coincidirá co ano 2020. Cita ineludible para varias formacións internacionais, este festival reúne cada ano a decenas de persoas que integran agrupacións cuxos integrantes amosan a través da música e do baile unha parte da súa cultura. A cita concibiuse desde a súa orixe como unha firme aposta do Padroado da Cultura de Narón por recuperar e manter viva a música tradicional galega, que co gallo deste evento comparte protagonismo coa doutras comunidades autónomas e tamén de diversos países e continentes.
O Grupo de Bailes Tradicionais Alxibeira e a Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón comparten escenario con diferentes agrupacións e actúan como anfitrións neste festival folclórico que se celebra na localidade.