Igrexa de San Salvador
A igrexa de San Salvador, situada na parroquia de Pedroso, é a herdeira do antigo e desaparecido mosteiro de Pedroso, que aló polo século XIII estaba no seu esplendor.
Deste se conservan algúns elementos incorporados na súa arquitectura interior.
O cruceiro figurado do adro, o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadeiro, está construído en pedra serpentina, ou toelo, das canteiras de Moeche.