Muíño de Xuvia
A carón da ponte do río Xuvia podemos observar o muíño de Xuvia, que tivo unha grande importancia como motor industrial.
En 1858 era o principal muíño do país en capacidade de produción na súa clase; recibía o trigo en barcos vidos do Báltico, de América e de Santander. Pero non acabou aí a súa contribución á economía da zona, e anos máis tarde este muíño fariñeiro chegou a mover unha fábrica de papel, unha de tecidos e unha de laminados de cobre.
A posterior perda da súa importancia económica non lle restou nin un ápice da súa beleza ao conxunto arquitectónico co río.