Pena Molexa
![Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón. Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón.](https://turismo.naron.gal/sites/default/files/styles/novas_detalle__480x480_/public/06_noite_na_pena_molexa_laura_gonzalez_vazquez_16-02-2017_1.jpg?itok=6xBVQBq1)
Sen dúbida este é un dos lugares máxicos de Narón.
Como elemento singular dentro do "Monte da Lagoa" contamos coa Pena Molexa, un conxunto megalítico que polo seu emprazamento, a relación co territorio que o circunda, a tecnica constructiva coa que foi erixida e a articulación dos seus elementos, é considerada como un referente patrimonial cunha posible dedicación a un culto funerario antigo. O conxunto é un "unicum" material no occidente europeo e documenta de forma completa o rito funerario lunar. Pena Molexa é a referencia material dun territorio denso en simbolismo e disposto para ser vivido como unha experiencia máxica, rodeado de múltiples lendas, sendo a mais coñecida a "Lenda da Moura", muller maga que coñece os segredos da terra e do outro mundo.