As plantas adaptadas e asociadas á auga do río Xuvia
Se paramos e observamos con detemento, poderemos comprobar que no bosque de ribeira existen moitas plantas: a herba salgueira, o pé de lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os senecios, a menta de lobo, o bonito lirio amarelo ou a propia menta de auga.
Se paramos e observamos con detemento, poderemos comprobar que no bosque de ribeira existen moitas plantas: a herba salgueira, o pé de lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os senecios, a menta de lobo, o bonito lirio amarelo ou a propia menta de auga
A menta acuática ten as mesmas propiedades que o poexo, que se emprega como dixestivo tónico. No río tamén viven plantas que desenvolven distintas estratexias para evitar ser arrastradas pola corrente e, asemade, completar o seu ciclo vital.Algunhas plantas viven enraizadas no fondo do leito e somerxidas totalmente, como a alga Chara fragilis,que forma unhas grandes masas de cor verde. Outras teñen as follas e flores por enriba da auga, como as oucas.
Estas masas de plantas son un excelente refuxio e lugar de alimentación para a fauna do río.