Camiño Inglés a Santiago de Compostela
O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.
Vindo dende a cidade de Ferrol, onde se inicia este camiño inglés a Santiago, o camiñante debe avanzar polo polígono da Gándara, para adentrarse no Concello de Narón, seguindo a Avenida do Mar de Caranza en paralelo á ría de Ferrol.
Despois de cruzar baixo a vía do ferrocarril que une Ferrol Betanzos, a Rúa da Pena conducirao ata o mosteiro de San Martiño de Xuvia. Fronte á entrada do mosteiro un camiño asfaltado sobe ata un cruceiro.
Neste punto, o peregrino torce á dereita para enlazar co camiño do Salto. Toma despois a senda peonil que, sen abandonar en ningún momento a ribeira da ría, chega ata unha central eléctrica que hai que rodear por detrás.
Desviándose cara á dereita, o camiño desemboca no muíño das Aceas e a súa ponte, que cómpre cruzar.
Puntos destacados
- Mosteiro de San Martiño de Xuvia.
- Muíño das Aceas.
- Paseo Marítimo de Xuvia.
- Muíño Xuvia.
- Magnolio centenario.
Teléfonos de interese
Oficina do Peregrino (Santiago de Compostela)
- Web: www.oficinadelperegrino.com
- Teléfono: 981 56 88 46.
Concello de Ferrol
Oficina de Turismo de Ferrol e Atención do Peregrino
- Teléfono: 655 117 035.
Concatedral de San Xiao
VENTA DE CREDENCIAIS
- Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
- Teléfono: 981 35 47 25.
- Dirección: R/Iglesia, s/n.
- Correo electrónico: economode@mondonedoferrol.org
Obispado de Ferrol
VENTA DE CREDENCIAIS
- Horario: 10:30 horas a 13:00 horas e 18:00 horas a 20:00 horas (de luns a domingo).
- Teléfono: 981 35 47 25.
- Dirección: R/Miramar, s/n.
- Correo electrónico: mcs@mondonedoferrol.org
Concello de Narón
Concellería de Turismo
- Teléfono: 981 33 77 000 Ext. 1316.
Oficina de Turismo
Só está activa na época estival.
- Teléfono: 981 33 77 00 Extensión 2301.
Mosteiro San Martiño de Xuvia (Mosteiro do Couto)
- Horario para o selo de credenciais: Sábados e domingos de 10:00 horas a 13:00 horas.
Concello de Neda
Albergue de peregrinos de Neda
- Teléfono: 629 22 46 22.
Máis información
- Consulta máis información sobre o Camiño Inglés na páxina web oficial do Camiño a Compostela: Camiño Inglés.
Vídeo sobre o Camiño Xacobeo Inglés
Versión en galego
English version
Vídeo sobre o Camiño de Santiago polos Santuarios Máxicos dos Celtas
English version
Video sobre o Programa "Escolas no Camiño"
A chamada do Camiño
Spot promocional