A alcaldesa acudiu esta mañá á inauguración da exposición “Narart, unha ponte á arte”
A rexedora local estivo acompañada por outros edís da corporación e por representantes da Asociación Narart (Narón, amigos del arte), aos que felicitou polo seu traballo. A mostra poderá verse ata o 15 deste mes na planta soto da Biblioteca.
![](https://turismo.naron.gal/sites/default/files/styles/novas_detalle__480x480_/public/inauguracion_exposicion_narart.jpg?itok=MZUCTNhj)
A exposición é colectiva de pinturas e imaxes, con preto de oitenta obras realizadas por integrantes da Asociación Narart: Lucía Bouza, Manuel Carballeira, María José García, Juan García, Maite López, Katy Martín, Manoli Miraz, Esther Piñán, Crisanto Poveda, Carmen Rodríguez, Rosa María Rodríguez, Mercedes Urriza e Juan Rafael Zaplana.
O horario de visita será do 1 ao 7 de setembro de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 horas e os luns e mércores de 18.00 a 21.00 horas e dende o 8 ata o 15 de setembro –incluídos- de luns a venres de 17.00 a 20.00 e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.