#TuristeaNaron: Bases da Campaña

martes, 1 de Agosto de 2017

Participa activamente nesta campaña desde a túa conta na rede social Instagram. Presume de Narón e fai de embaixador/a polo mundo adiante!  Consulta as bases para participar.

#TuristeaNaron

Organización e obxectivos

O titular da presente promoción é o Concello de Narón, Concellería de Turismo, cuxa finalidade é realizar unha campaña de difusión online a través da rede social móbil Instagram centrada en difundir a imaxe de Narón como punto de interese turístico, na que poderán participar todas as persoas físicas que cumpran as condicións establecidas nestas bases.

O obxecto desta campaña é incentivar a participación dos usuarios/as nas accións desenvolvidas pola Concellería de Turismo de Narónen redes sociais e neste caso en Instagram.

Promoción e persoas lexitimadas

Poderá participar na  presente campaña calquera persoa física, maior de 18 anos, que posúa unha conta en Instagram, e que participe na acción segundo proponse nos termos descritos nestas bases.

Temática e período de vixencia da promoción

Para participar as imaxes poderán recoller:

  1. Recursos turísticos, espazos, lugares, tradicións, festas...do municipio.
  2. Imaxes da túa viaxe como embaixador ou embaixadora de Narón que inclúan algún elemento representativo de Narón, por exemplo, un “lema”, un adhesivo, o nome do concello escrito na area da praia ou na escuma do café,...

    O tema xeral a tratar será Narón en relación ao turismo sendo válidas as imaxes subidas a partires do 1 de agosto.

    No se aceptarán obras fóra de data ou mal etiquetadas.

Desenvolvemento da campaña

A persoa participante só necesita ter unha conta en Instagram e que respecta as condicións desta rede (http://instagram.com/legal/terms/). Ademais, para que a participación poida ser validada, o seu perfil ten que ser público.

As condicións para participar ademais das anteriores son:

  1. Facerse seguidor da conta de Instagram @turismonaron
  2. Facer unha foto relacionada dalgún modo con Narón, ben sexa facendo turismo dentro de Narón, ben sexa facendo turismo fóra de Narón, e subila á conta de Instagram.
  3. Etiquetar a imaxe co hashtag (palabra crave) #TuristeaNaron e compartila en Instagram.
  4. Só se aceptarán imaxes publicadas desde Instagram, que fosen etiquetadas correctamente. Ademais, calquera contido que o organizador considere, ao seu só criterio, non adecuado, inapropiado ou ofensivo, non tomará parte na campaña. Cada participante poderá subir tantas fotos como desexe. O feito de que a foto teña moitos Me gusta ou comentarios non implicará máis posibilidades de que sexa republicada.
  5. As imaxes deberán xeolocalizarse.
  6. O Concello de Narón poderá subir á súa páxina de facebook e demais redes sociais as fotografías que considere oportunas para promover a campaña.
  7. As persoas participantes poderán subir tantas fotos como desexen, aínda que non se terá en conta a cantidade das mesmas, senón a calidade de cada un delas, de forma individual.

A Concellería de Turismo Concello de Narón elixirá as mellores fotografías entre todas as persoas participantes. Para a súa elección valorarase, entre outras, a calidade,  creatividade,  orixinalidade, execución artística e o grao de relación co tema proposto, sempre segundo o criterio da Concellería de Turismo que subirá á súa páxina de Facebook e demais redes sociais as fotos que crea oportunas para promover a campaña.

Protección de datos de carácter persoal

Os participantes aceptan, mediante a súa participación na campaña en Instagram, que os contidos e comentarios que vaia a ser publicados nesta rede poidan ser compartidos co resto de usuarios/as de Instagram e outras redes sociais. A participación nunha campaña desta natureza supón a aceptación das normas de Instagram.

Non é necesario o rexistro previo en ningunha aplicación nin a Concellería de Turismo vai recoller ningún dato de inscrición, xa que a participación é pública.

As imaxes, textos deben ser orixinais de autoría do participante a efectos de dereitos de propiedade intelectual e non deberán infrinxir dereitos de terceiros. Non serán tidas en conta aquelas imaxes e vídeos nos que o participante non sexa o autor, lesionen dereitos de terceiros, ou cuxo contido sexa abusivo, obsceno, vulgar, violento, racista, sexista, ameazante, contraveña os bos costumes, vulnere algún dereito fundamental da persoa, infrinxa dereitos de terceiros ou calquera disposición legal en vigor. O participante será o único responsable de obter cantos permisos e autorizacións sexan necesarias para non vulnerar ningún dereito de terceiros. Todas as imaxes e vídeos que contrabveñan os anteriores principios e/ou requisitos serán automáticamente descartadas, quedando fóra da campaña.

Coa sinalización do hashtag da campaña na súa foto, o participante garante que a obra é orixinal e inédita e non se acha suxeita a contratos, cesións ou licenzas a terceiros de dereitos de autor ou de propiedade intelectual ou doutros dereitos. Igualmente, o participante garante que a súa foto ou vídeo está libre de calquera gravame ou carga e que non infrinxe dereitos de terceiros.     En calquera caso, o participante manterá indemne á Concellería de Turismo de Narón de calquera reclamación, queixa ou demanda de terceiros en relación cos posibles dereitos que puidesen derivarse das fotos ou vídeos.

Responsabilidades

A Concellería de Turismo de Narón  resérvase o dereito de anular a presente campaña suspendela, ou ben cambiar algunhas das súas condicións se por causas técnicas ou de calquera outra índole allea á súa vontade non puidese cumprir co normal desenvolvemento da mesma, segundo o establecido nas presentes bases.

A Concellería de Turismo de Narón declina toda responsabilidade no suposto de mala recepción ou de non recepción dos materiais, por calquera motivo, así como do posible mal funcionamento da internet ou das redes sociais (Instagram, Twitter e Facebook) ou os problemas de transmisión ou perda do correo electrónico que impidan o normal desenvolvemento da campaña.

A Concellería de Turismo de Narón non se fai responsable da veracidade dos datos facilitados polos participantes. Por conseguinte, se os datos facilitados non son correctos, a Concellería de Turismo de Narón quedará exenta de responsabilidade.

Dereitos

A Concellería de Turismo de Narón resérvase o dereito de utilizar os nomes, apelidos e a imaxe dos participantes para reproducilos e utilizalos en calquera actividade publicitaria e promocional relacionada con Narón sen que dita utilización confíralles dereito de remuneración ou beneficio algún.

Aceptación das bases

A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases e a submisión expresa das decisións interpretativas que das mesmas efectúe a Concellería de Turismo de Narón.

Infórmase os posibles participantes que o simple feito de tomar parte na promoción implica a total aceptación das presentes bases. A non aceptación das bases por parte do participante comportará a non admisión na campaña e a Concellería de Turismo de Narón non contraerá ningunha obrigación con devandito participante.