Canle TV
Procura os vídeos por categoría
Vídeo promocional da XX Festa do Pemento do Couto.
A animación da festa da Esfolla estivo en mans, e pernas!, dos grupos de música e baile das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura do Concello de Narón.
A parroquia naronesa de Doso acolleu un ano máis a celebración da Recreación da Esfolla Tradicional, un evento organizado polo Padroado da Cultura de Narón en colaboración coa Asociación de Veciños “A Naveira”, de Doso.
A cita será o vindeiro domingo, día 16, a partir das 14.00 horas e o prezo é de 12 euros por un menú a base de churrasco con pementos do Couto, cachelos, pan, auga, viño e café ó tizón. No caso de bo tempo os comensais xantarán na zona da carballeira localizada nas inmediacións do local social, e se o tempo non acompaña instalarase unha carpa na zona.
A capela da O, na parroquia de Pedroso, convértese cada ano, no mes de maio, nun lugar de visita ineludible para celebrar a romaría da Virxe da O.