Pemento Do Couto
Toma o seu nome do mosteiro do Couto, lugar onde os monxes comezaron a selección e cultivo destes pementos. A zona de produción está constituida pola totalidade da comarca de Ferrol, integrada polos concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, Moeche, As Somozas, San Sadurniño, Neda, Fene, Mugardos e Ares.
O derradeiro domingo do mes de xullo celébrase no concello naronés a Festa do Pemento do Couto, que contribuíu a dar a coñecer este produto como unha excelencia gastronómica. Proba da súa fama son os numerosos establecementos de restauración da comarca de Ferrol que inclúen xa o “Pemento do Couto” na súa carta.
Máis información:
- Web do Consello Regulador da I.X.P. Pemento do Couto: www.pementodocouto.com
- Web da Cooperativa do Val: www.cooperativaoval.com
- Vídeo: "Festa do Pemento do Couto" (TVG)