Muíño das Aceas de Lembeie do Ponto de Xuvia
A Real Fábrica de Fariñas do Ponto de Xuvia, tamén chamado Muiño das Aceas, polo lugar onde antes houbo unhas aceas do Mosteiro de Juvia [O Couto], é un muiño de maré, acumulando a auga da marea nunha inmensa presa, a maior de España, situada no esteiro dos ríos Freixeiro e Pereiro.
Empezouse a construír en 1785 por Santiago Beaujardín, vicecónsul de Francia. Moía xa no ano 1781, cando Beaujardin asociouse a Juan Lembeie, tamén francés.
Un sistema de limpadores automáticos conducía directamente o trigo ás moegas de cada unha das tres moas francesas e unha rede de peneiras mecánicas dispostas en pisos, con máquina movida polo auga para dividir a fariña, permitía obter as cinco calidades da molturación economique e "sacar fariña flor de superior calidade".
A fariña do trigo importado en fragatas e bergantines propios, do Baltico, de Prusia, de Rusia, e de Baltimore e Filadelfia: o famoso trigo Americano, conservábase en herméticos bocois de carballo nunhas grandes tullas.