Festas

Procura as festas por parroquia

Concentración Moteira Cidade de Narón
Narón

Milleiros de afeccionados ao motociclismo danse cita a primeira fin de semana de xuño no paseo marítimo de Xuvia. Alí celébrase desde hai uns anos a "Concentración Moteira Cidade de Narón", que na pasada edición coincidiu coas Xornadas de Turismo Activo.

Noite da Luz
Sedes

A parroquia de Sedes acolle cada mes de decembro a festividade coñecida como a "Noite da Luz", unha cita tradicional no calendario festivo da localidade que organizan o Padroado da Cultura de Narón e a Asociación de Veciños Rosa dos Ventos, de Sedes.

Festival Internacional de Folclore
Narón

O Festival Internacional de Folclore impulsado desde o Padroado da Cultura do Concello de Narón vai camiño de alcanzar a súa trixésima edición, que coincidirá co ano 2020.

Narón

O mosteiro de San Martiño de Xuvia, na parroquia do Couto, é un dos elementos máis valiosos do patrimonio eclesiástico localizados no municipio.

Recreación da Pena Molexa
O Val

A colaboración entre o Concello de Narón e a Asociación de Veciños Os Irmandiños permite desenvolver cada ano no lugar de Vilasuso, na parroquia do Val, a tradicional representación das lendas da Pena Molexa.

Festa Gastronómica do pemento do Couto
Narón

A mediados de xullo as inmediacións do local social da Picota, na parroquia do Couto, acollen cada ano a celebración da Festa Gastronómica do Pemento do Couto.

Sedes

O Oenach Atlántico que cada ano se celebra a finais do mes de xullo na parroquia de Sedes é un dos eventos festivos máis característicos do municipio naronés.

Castro, Doso, Narón, O Val, Pedroso, San Mateo, San Xiao, Sedes

O día 23 de novembro celébrase o Día de Narón. Desde 1993 conmemórase esta data que coincide coa da primeira acta oficial conservada do ano 1837.

Narón

Esta festa celébrase o primeiro domingo de setembro no paseo do Parque Río Freixeiro.

Imaxe de Elena Abad Martínez, participante no VII Concurso de Fotografía "Cidade de Narón" do ano 2016
Doso

A chegada do outono e a recollida do millo dan paso na parroquia de Doso á recreación da tradicional esfolla do maínzo. Veciños e veciñas da parroquia rememoran xuntos aqueles tempos nos que se cultivaban grandes superficies de millo e todos se xuntaban para axudar nas tarefas da esfolla, deixando as espigas preparadas para despois coller o gran.

San Mateo

O remate da tempada estival e a chegada do outono marca unha nova cita ineludible no calendario festivo de Narón: o Samaín.

Narón

A veciñanza de Narón implícase activamente ano tras ano na festividade dos Maios, que se conmemora cada segunda fin de semana do mes de maio.

Pedroso

A capela da O, na parroquia de Pedroso, convértese cada ano, no mes de maio, nun lugar de visita ineludible para celebrar a romaría da Virxe da O.