Rutas a pé e en bici

Procura as rutas a pé e en bici por parroquia

Doso, Narón, Pedroso

Esta ruta permite coñecer distintos lugares de interese do Concello de Narón, nun percorrido no que se mesturan recursos de grande importancia histórica e cultural con paisaxes que permiten gozar da natureza nunha contorna de singular beleza.

Narón

Esta ruta discurre pola ribeira da Ría e desembocadura do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo da Gándara (Rúa Luis Seoane) ó longo de 7,09 Kms ofrece un percorrido no que se mesturan puntos de interese histórico e cultural que fan desta unha ruta fácil, cómoda e bastante interesante.

Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Esta ruta discurre a carón do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo de Xuvia (rotonda de Megasa) ó longo de quince kilómetros e medio ofrece un percorrido no que se mesturan lugares de interese histórico e cultural con pasaxes que nos permitirán disfrutar da natureza.

Narón

A cultura e a tradición únense de novo no percorrido polas xoias da arquitectura que nos ofrece o municipio.

Narón

Da riqueza da cultura galega recuperamos a tradición dos nosos antepasados celtas, a través dos vestixios que hoxe se conservan daqueles asentamentos fortificados, podemos imaxinarnos a vida da época, así pois comezamos a ruta polos castros de Narón.

Narón

Comezamos a ruta na Ponte das Cabras, ó longo da Estrada de Castela AC-862.

O Camiño de Santiago pasa polo Concello de Narón antes de entrar en Neda.
Narón

O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.

Narón, Sedes

Esta ruta discurre case que na súa totalidade pola desembocadura do río Xuvia.