Rutas a pé e en bici
Procura as rutas a pé e en bici por parroquia
Esta ruta comeza no Mosteiro de San Martiño de Xuvia e recorre parte do trazado do antigo camiño de peregrinación a Santo André de Teixido.
Este roteiro combina as paisaxes de natureza escarpada nos seus pronunciados cantís e a tranquilidade do Val de Trasancos cara ao interior, ideal para os amantes da fotografía.
Esta ruta permite coñecer distintos lugares de interese do Concello de Narón, nun percorrido no que se mesturan recursos de grande importancia histórica e cultural con paisaxes que permiten gozar da natureza nunha contorna de singular beleza.
Esta ruta discurre pola ribeira da Ría e desembocadura do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo da Gándara (Rúa Luis Seoane) ó longo de 7,09 Kms ofrece un percorrido no que se mesturan puntos de interese histórico e cultural que fan desta unha ruta fácil, cómoda e bastante interesante.
Esta ruta discurre a carón do río Xuvia. Partindo do Paseo Marítimo de Xuvia (rotonda de Megasa) ó longo de quince kilómetros e medio ofrece un percorrido no que se mesturan lugares de interese histórico e cultural con pasaxes que nos permitirán disfrutar da natureza.
A cultura e a tradición únense de novo no percorrido polas xoias da arquitectura que nos ofrece o municipio.
Da riqueza da cultura galega recuperamos a tradición dos nosos antepasados celtas, a través dos vestixios que hoxe se conservan daqueles asentamentos fortificados, podemos imaxinarnos a vida da época, así pois comezamos a ruta polos castros de Narón.
Esta ruta combina as paisaxes da natureza máis escarpada nos seus pronunciados acantilados e a tranquilidade do Val de trasancos cara o interior, ideal para os amantes da fotografía.
O Camiño Inglés a Compostela, así chamado ao longo da historia porque o maior continxente de peregrinos procedía das Illas Británicas e dos países nórdicos, ten os seus inicios aló polo século XII.
Esta ruta de dificultade alta pasa polo Mosteiro do Couto e a Área Recreativa de Pedroso, entre outros puntos de interese.
Esta ruta de gran interese histórico, etnográfico e cultural, salpicado de pasaxes que nos permiten gozar da natureza, percorre unha parte importante da parroquia de Santa María a Maior do Val no Concello de Narón.
Esta ruta ten unha lonxitude de 12 km e está calificada como de dificultade media.
Camiñaremos xunto ao mar, observando un tramo de costa con pouca densidade urbana.
Esta ruta discurre case que na súa totalidade pola desembocadura do río Xuvia.