Espazos naturais

Procura os espazos naturais por parroquia

Muíño na área recreativa de Pedroso
Pedroso

A área medioambiental e recreativa de Pedroso é un lugar para gozar do patrimonio. Contorna ideal para pasar un día en familia xunto ao río Xuvia, que en case todo o seu perímetro é Zona Natural Protexida.

Londras no río
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

A lontra é un animal esquivo, e o máis probable é que só vexamos as evidencias da súa existencia ou ben nas súas pegadas ou ben nos seus excrementos.

Por las noches es posible ver algún muerciélago
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Polas noites podemos ver pequenos morcegos.

Os cogomelos abundan en zonas húmidas
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

A partir da época de primavera e outono, coas choivas, poderemos ver moitos cogomelos. Tradicionalmente en Galicia o aproveitamento destas especies ten asociada unha desconfianza, seguramente producida por casos de envelenamento e polo descoñecemento das especies comestibles.

Autor: Francisco Javier Rodríguez Farinas. VII Concurso de fotografía Cidade de Narón. 2º premio
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

No noso camiñar pola natureza existen algúns animais moi esquivos que nos será moi difícil velos e que poderemos descubrir polas súas pegadas ou outros sinais que vaian deixando no medio.

Atoparemos algún cartel do TECOR Societario Narón, que se corresponde con terreos cinexeticamente ordenados, onde se pode practicar a caza.

El reo y el salmón, nadadores de fondo y especies migradoras en peligro. En el Couto de Pesca del río Xuvia, el reo o trucha marina es la especie más pescada y apreciada gastronómicamente.
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

O reo e o salmón, nadadores de fondo e especies migradoras en perigo. No Couto de Pesca do río Xuvia, o reo ou troita mariña é a especie máis pescada e apreciada gastronomicamente.

Flora e fauna do Río Xuvia
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Se paramos e observamos con detemento, poderemos comprobar que no bosque de ribeira existen moitas plantas: a herba salgueira, o pé de lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os senecios, a menta de lobo, o bonito lirio amarelo ou a propia menta de auga.

Árbores na área recreativa do Río Xuvia en Pedroso. Imaxe seleccionada no V Concurso de Fotografía "Cidade de Narón". Autor: Alberto Canosa Díaz.
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

O ameneiro é unha das árbores da beira dos ríos que máis altura pode alcanzar, achegándose en ocasións aos 25 metros. Estas árbores conforman o aspecto xeral deste bosque e precisan que as súas raíces estean encharcadas, por iso se encontran tan próximos á beira do río.

Contorna do Río Xuvia en Pedroso
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Os bosques de ribeira semellan gardar o río como un tesouro.

Chegada do Río Xuvia á Ría de Ferrol. Imaxe de Marcos Freire Formoso, participante no V Concurso de Fotografía "Cidade de Narón". Ano 2014. Autor: Marcos Freire Formoso
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Este espazo natural, chamado LIC (lugar de interese comunitario) Xuvia-Castro, incorporouse á Rede Natura 2000 no ano 2001, e ten unha extensión dunhas 2.000 ha. Os LIC ou lugares de interese comunitario é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo que pretende protexer e conservar aqueles lugares con valores naturais especialmente importantes.

Contorna do Río Xuvia en Pedroso
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

Subindo pola beira do Río xuvia, achegándonos aos lugares de Retorta, Cerdeiras e Doso, atopámonos con campos de cultivo preto do río, conformados por campos de pasto para o gando, hortas, árbores froiteiras...

Ponte sobre o Río Xuvia. 1º premio do I Concurso de Fotografía "Cidade de Narón". Ano 2010.
Doso, Narón, Pedroso, Sedes

O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do Castro, cunha extensión de 2.074 hectáreas, está incluído na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu interese natural e ecolóxico.