Espazos naturais
Procura os espazos naturais por parroquia
O territorio do "Monte da Lagoa" na parroquia do Val e que conta co espectacular monumento megalítico Pena Molexa atópase no Espazo natural da Costa Ártabra, cen kilómetros de liña costeira coas combinacións paisaxísticas de mar e terra máis espectaculares do arco atlántico: tres rías, arenais xenerosos en ondas e dunas, lagoas litorais e os cantís máis altos de Europa.
É precisamente a magnolia de Xuvia a árbore máis singular da nosa cidade. Douscentos anos de historia nos que esta especie, dun gran porte e que resiste o paso do tempo dende a súa ubicación, no paseo marítimo de Xuvia.
Narón conta cunhas instalacións adicadas ao deporte do golf, o campo de golf Campomar. Este campo atópase no lugar de Vilacornelle,s/n, 15541 no Val.
As pequenas calas de Casal, Lopesa e Hortiña sitúanse nunha contorna rural, virxe, illado, posúen forma de cuncha e con area branca.
Nas inmediacións do local social da Picota, na parroquia do Couto, localízase a área recreativa do Couto. Un amplo espazo verde e dous parques, un biosaudable e outro con elementos de xogo infantís, forman parte deste complexo.
Ademais de sendas peonís, mobiliario urbano e alumeado público, o parque conta cunha extensa zona verde e área de xogos infantís.
A área medioambiental e recreativa de Pedroso é un lugar para gozar do patrimonio. Contorna ideal para pasar un día en familia xunto ao río Xuvia, que en case todo o seu perímetro é Zona Natural Protexida.
Localizado á dereita o barrio de Xuvia e o seu paseo marítimo, cunha ponte que une as beiras de Narón e Neda.
A lontra é un animal esquivo, e o máis probable é que só vexamos as evidencias da súa existencia ou ben nas súas pegadas ou ben nos seus excrementos.
Polas noites podemos ver pequenos morcegos.
A partir da época de primavera e outono, coas choivas, poderemos ver moitos cogomelos. Tradicionalmente en Galicia o aproveitamento destas especies ten asociada unha desconfianza, seguramente producida por casos de envelenamento e polo descoñecemento das especies comestibles.
No noso camiñar pola natureza existen algúns animais moi esquivos que nos será moi difícil velos e que poderemos descubrir polas súas pegadas ou outros sinais que vaian deixando no medio.
Atoparemos algún cartel do TECOR Societario Narón, que se corresponde con terreos cinexeticamente ordenados, onde se pode practicar a caza.
O reo e o salmón, nadadores de fondo e especies migradoras en perigo. No Couto de Pesca do río Xuvia, o reo ou troita mariña é a especie máis pescada e apreciada gastronomicamente.
Se paramos e observamos con detemento, poderemos comprobar que no bosque de ribeira existen moitas plantas: a herba salgueira, o pé de lobo, o amarelle, a herba pulgueira, os senecios, a menta de lobo, o bonito lirio amarelo ou a propia menta de auga.
O ameneiro é unha das árbores da beira dos ríos que máis altura pode alcanzar, achegándose en ocasións aos 25 metros. Estas árbores conforman o aspecto xeral deste bosque e precisan que as súas raíces estean encharcadas, por iso se encontran tan próximos á beira do río.
Os bosques de ribeira semellan gardar o río como un tesouro.
Este espazo natural, chamado LIC (lugar de interese comunitario) Xuvia-Castro, incorporouse á Rede Natura 2000 no ano 2001, e ten unha extensión dunhas 2.000 ha. Os LIC ou lugares de interese comunitario é un conxunto de espazos naturais a nivel europeo que pretende protexer e conservar aqueles lugares con valores naturais especialmente importantes.
Subindo pola beira do Río xuvia, achegándonos aos lugares de Retorta, Cerdeiras e Doso, atopámonos con campos de cultivo preto do río, conformados por campos de pasto para o gando, hortas, árbores froiteiras...
Desde tempos antigos as pontes construíronse para salvar obstáculos do territorio, comunicar e posibilitar o intercambio de mercadorías e as relacións sociais, e fóronse perfeccionando co tempo.
O espazo formado polas ribeiras do río Xuvia e do Castro, cunha extensión de 2.074 hectáreas, está incluído na Rede Natura 2000, Lic e Zepa, Sitios de Importancia Comunitaria e de Especial Protección polo seu interese natural e ecolóxico.